Índice de contidos

🎲 ¡Estrenamos tardes de xogos de mesa e rol no Club Xuvenil!
Ola familias!!!
Este sábado lanzamos unha proposta nova que nos fai moitísima ilusión. Queremos crear un novo espazo onde enlazar imaxinación, estratexia e boa compañía nunha íncreible tarde.
🗓️ Cando é Onde?
- Día: Sábado 9 de maio
- Horario: De 16:30 a 20:00 h.
- Lugar: Local A xuntanza ( https://maps.app.goo.gl/WHyKfDb2m5dBhbUX9)
🏰 Qué faremos esta tarde?
Para que ninguén se quede fóra, teremos dúas actividades simultáneas:
- Zona de Xogos de Mesa: Para os que prefiren partidas rápidas, risas e variedade. Teremos dende clásicos hasta novidades para traballar a lóxica e o xogo en equipo.
- Xogo de Rol (Estilo “Dungeons & Dragons”): Para os que prefiren máis aventura e imaxinación, este sábado empezaremos creando cada un o seu propio personaxe dende cero e describiremos a súa historia, pero non vos preocupedes porque o xogo continuará…
- Esta segunda opción é recomendada para os maiores de 14 anos que se anoten e recomendamos vir as seguintes sesións para non perder o fío!
🥪 Pero non todo é xogar… Haberá que repoñer forzas!
Sabemos que tanto xogo da fame, así que a metade da tarde faremos unha paréntesis para repoñer forza e merendar todos xuntos. Tamén haberá tempo para charlar. compartir e se cadra ata movernos un pouco e estirar as pernas.
📝 Información importante
- Para esta actividade e necesario anotarse. Tedes ata o xoves 7 inclusive.
- Idades dende 6 ata 17
- Importante que cada un traia a súa propia merenda.
Esperamosvos o sábado ás 16:30 cas pilas cargadas e moitas ganas de pasalo ben!