Nós

Anduriñas do vento, a nosa mudanza, o noso voar

Hai xa trinta anos, en 1995, un grupo de mozas e mozos decidiu crear algo que non existía: unha asociación onde o tempo libre fose máis ca ocio… onde fose un lugar para medrar, para probar, para soñar. Fixérono co corazón cheo de ilusión e coa necesidade profunda de dicir: “Isto é noso. Isto nace de nós.

Hoxe, ningunha daquelas persoas segue aquí… pero o que sementaron si. O que deixaron non foi só un nome: foi unha maneira de entender o mundo. Unha maneira libre, creativa, xenerosa, que nos trouxo ata aquí.

E agora estamos nós. Outra xeración. Outra mirada. Outras mans, outros ritmos, outros soños. E igual que aquel primeiro grupo, tamén queremos sentir isto como algo propio. Non como un recordo prestado, nin como unha herdanza intocábel… senón como algo vivo, que respira connosco, que cambia connosco.

Porque o mundo mudou: A educación mudou, a mocidade mudou, a sociedade mudou… E nós tamén.
Por iso non falamos de borrar o pasado. Falamos de evolucionalo. De recoñecer con gratitude o camiño andado… e, ao mesmo tempo, permitirnos voar cara novos horizontes.

“Espazo Aberto Galiza” non desaparece: transforma o seu nome, pero non a súa alma. Segue vivindo en nós, en cada xogo, en cada campamento, en cada vínculo que creamos.

Hoxe, con agarimo polo que fomos e co peito aberto ao que seremos, escoitamos ao vento… e aceptamos o seu convite.
Desde agora, chamámonos:

“ANDURIÑAS DO VENTO”

Porque como as anduriñas, voltamos sempre á casa, pero nunca deixamos de voar. Porque levamos dentro o movemento, a liberdade e o desexo de chegar máis lonxe. Porque somos outra xeración, pero co mesmo latexo.

Con gratitude profunda pola historia que nos trouxo ata aquí, e con emoción verdadeira polo que comeza agora…
Asinamos esta nova etapa: A equipa de voluntari@s de Anduriñas do Vento..

a equipa

¿Qué monitores forman a equipa de Espazo Aberto Galiza?

Dende o noso comezo, aló polo 1995, fomos sempre unha equipa numerosa de xente voluntaria que procedía de distintos ámbitos, maioritariamente estudantes, algúns deles procedían do mundo da educación, animación, belas artes, sanidades, etc.

Hoxe a equipa de EAG está conformada por unha trintena de mozos e mozas de dezaoito a corenta e tan.

Únenos o traballo por e para os cativos e cativas, a ilusión por facer e ofrecer unha alternativa ao tempo libre convencional, dando a oportunidade a que todos e todas atopen o seu lugar na nosa Asociación co obxectivo de facer sentir especiais a cada un e cada unha e potenciar o traballo en grupo, dende o individual ata o colectivo, a través do xogo.

Toda a equipa ofrece o seu tempo, a súa ilusión e as súas gañas a prol dun traballo de calidade, partindo do individual e atendendo ás necesidades de cada rapaz.

ventaxas de ser socio de EAG

Faite soci@ e despreocúpate de non tener praza

Por qué ir de campamento con espazo aberto galiza?

Por qué facemos campamentos?

Non é novo para nós organizar campamentos e encontros interculturais, con eles pretendemos descubrir outras zonas xeográficas, así como aprender a valorar a propia terra e vivir en contacto coa natureza. Queremos ofrecer unha alternativa de tempo libre, convivencial e integradora, onde o participante sexa o auténtico protagonista.

Cal é o nose obxetivo faciendo campamentos para a mocidade?

Queremos ofrecer un tempo de lecer diferente, divertido, preto da praia, con xogos, talleres, comunicación, tentando transmitir un pouco de alegría nas súas vidas, coa idea de que a saiban transmitir despois do campamento.
Para iso organizamos un programa de roteiros por Galicia e Portugal de setembro a abril unha vez ao mes. E tamén tres campamentos ao ano, repartidos da seguinte maneira:

Cando facemos campamentos?

CAMPAMENTO DE INVERNO:

do 26 ao 31 de Decembro


CAMPAMENTO DE PRIMAVERA:

Durante as vacacions de semana santa


CAMPAMENTO DE VERáN:
en Xulio ou Agosto

Quen pode participar nos nosos campamentos?

  • Se tes entre sete e dezasete anos, temos moitas actividades para ti.
  • Se tes máis de dezaoito anos e tes dúbidas sobre o teu tempo libre, podes unirche ao grupo de monitores.
  • Se xa sodes unha asociación dalgunha comunidade ou país podemos facer actividades conxuntas.

Qué documentación necesito para ir de campamento?

Na barra lateral dereita na sección “Rexistro” podes descargar a documentación necesaria para inscribirche no campamento.
Para o permiso de viaxe ao estranxeiro deberás traer o formulario cumprimentado xunto co libro de familia e DNI do menor e dos pais. Ambos os pais teñen que ir.

¿Equipamento mínimo necesario para vir de campamento?

Tarxeta sanitaria orixinal
Gorra
Cepillo de dentes e pasta de dentes
Lanterna
Toalla de ducha e praia
Impermeable e roupa de abrigo
Zapatos cómodos e chanclas para a ducha.
Saco de durmir
Roupa vella e cómoda