Cooperación e Colaboración

Actividades de cooperación e colaboración

actividades de cooperacion con outras entidades
Cooperación con asociacións e ONGs de distintas partes do mundo: Portugal, Brasil…

En que actividades de cooperación participa Espazo Aberto Galiza?

Recollida de xoguetes en Santiago de Compostela
Recollida de xoguetes en Santiago de Compostela

Recollida de xoguetes

Espazo Aberto realiza recollida de xoguetes todos os anos para a campaña de reis e para enviar xoguetes a nenos e nenas en distintas partes do mundo.

A campaña de recollida de xoguetes é unha iniciativa na que pedimos a persoas e empresas que doen xoguetes usados ou novos para ser distribuídos a nenos e nenas que non teñen acceso a eles.

A campaña de recollida de xoguetes levan a cabo no período previo a nadal. As campañas de recollida de xoguetes son unha forma moi efectiva de proporcionar xoguetes a nenos que doutra maneira non terían acceso a eles e poden ser unha forma divertida e gratificante de involucrarse nunha causa importante.

Se che apetece participar na recollida de xoguetes ponche en contacto connosco.

Campaña de agasallos en Santiago de Compostela
Agasallos listos para entregar aos Reys Magos

Campaña de agasallos

A campaña de agasallos é unha iniciativa de Espazo Aberto Galiza na que participan persoas voluntarias seleccionando os xoguetes da campaña de recollida de xoguetes, saneandolos e clasificandolos segundo idades e gustos.

Todos os xoguetes aptos son entregados aos Reis Magos os días previos á festividade de Reyes para que sexan entregados na súa visita ás casas das nenas e nenos que se portaron ben durante todo o ano.

Se queres participar na campaña de agasallos, podes achegarche ao centro socio cultural de Vite durante as vacacións de nadal ou poñerche en contacto connosco.

charlas, debates e actividades durante os campamentos
Charlas e debates cos participantes de Espazo Aberto galiza

Charlas, asambleas e debates

Espazo Aberto Galiza realiza realiza charlas, asembleas e exposicións para os máis novos sobre temas de interese voluntariado europeo, actividades a realizar, viaxes ao estranxeiro…

talleres e actividades para nenos
talleres para nenas e nenos en Santiago de Compostela

Talleres

Espazo Aberto Galiza realiza realiza talleres artísticos, culturais, sociais e educativos durante todo o ano para todos os e as mozas da zona de Santiago de Compostela e arredores.