Coñecendo Santiago de Compostela

Coñecendo Santiago de Compostela clube xuvenil

Coñecendo Compostela

Se queres pasalo ben e tamén queres repasar o que sabes de Compostela ou coñecer moito mellor a cidade… Propoñémosche que visites a cidade connosco facendo un xogo para descubrir todos os recunchos da capital galega e unha visita guiada gratuíta ao Pórtico da Gloria e aos tellados da catedral.

Se tes entre 7 e 17 anos e non tes nada mellor que facer o día 15 de marzo de 10:30 a 18:00 horas, agardámoste para que veñas pasar o día con nós.

Que tes que facer para rexistrarte? Ben, o teu pai ou titor legal debe cubrir un formulario a través do noso sitio web. Unha vez verificada a información, recibirá un correo electrónico confirmando a localización e o lugar de encontro.

Teño que traer algo? Si, hai que levar calzado cómodo xa que percorreremos as rúas de Santiago. Tamén terás que levar a túa propia comida, que recomendamos un bocadillo xa que faremos un picnic todos xuntos. É importante levar cantina e se queres podes levar cartos pero non máis de 5€.

Hai algo que non podo usar? Non se poden transportar obxectos de valor como teléfonos móbiles, xoias, cámaras, etc.

Non somos responsables da perda de obxectos de valor ou diñeiro.

A continuación tedes o formulario de inscrición. Lembra que tes que estar rexistrado como usuario para acceder ao formulario de rexistro.

visita á catedral de Santiago co clube xuvenil
visita aos telados da catedral Santiago de Compostela