Andaina e Exposición Galiverso

Se queres pasalo ben e tamén gústache camiñar e facer xogos… Propoñémosche que fagas connosco unha pequena andaina polo río Sar e unha visita gratuíta a Exposición Galiverso na Cidade da Cultura.

Se tes entre 8 e 17 anos e non tes nada mellor que facer o día 24 de maio de 11:00 a 17:00 horas, agardámoste para que veñas pasar o día con nós.

Que tes que facer para rexistrarte? Ben, o teu pai ou titor legal debe cubrir un formulario a través do noso sitio web. Unha vez verificada a información, recibirá un correo electrónico confirmando a localización e o lugar de encontro.

Teño que traer algo? Si, hai que levar calzado e roupa cómoda xa que faremos o percorrido do río . Tamén terás que levar a túa propia comida, que recomendamos un bocadillo xa que faremos un picnic todos xuntos. É importante levar cantina.

Hai algo que non podo usar? Non se poden transportar obxectos de valor como teléfonos móbiles, xoias, cámaras, etc.

Non somos responsables da perda de obxectos de valor ou diñeiro.

A continuación tedes o formulario de inscrición. Lembra que tes que estar rexistrado como usuario para acceder ao formulario de rexistro.

Formulario de rexistro