Socias e socios

Facerse socia ou socio de Anduriñas do vento

Como?cando?Por que?

Cal é a cota de socios?

Persoa socia voluntaria
Dirixida a persoas maiores de idade que queiran colaborar coa asociación como voluntarias.
Cota anual: 5 €.

Persoa socia usuaria
Dirixida ás familias ou persoas vinculadas ás actividades da asociación.
Cota anual: 10 €.

Persoa socia xuvenil
Dirixida a mozos e mozas de 16 a 17 anos que queiran participar na asociación. Esta modalidade está incluída dentro da socia usuaria e require autorización da persoa titora legal.

Cota anual: 5 €.

¿Qué ventaxas teño como socio?

Ser persoa socia permite apoiar directamente o traballo da asociación, participar de maneira máis activa na súa vida interna e recibir información sobre actividades, campamentos e proxectos.

Ademais, as persoas socias terán unha semana de inscrición prioritaria antes da apertura ao público xeral e, no caso de lanzamento de merchandising da asociación, tamén terán prioridade no acceso ou reserva.

Follade adhesion para socios

Como facerse persoa socia?

Para solicitar a alta é necesario entregar:

  • Solicitude oficial de alta asinada.
  • Consentimento de protección de datos.
  • Xustificante de pagamento da cota anual.
  • Documentación específica segundo o tipo de persoa socia, se procede.

No caso de persoas menores de idade, será necesaria a autorización expresa do/a titor/a legal.

Protección de datos

Os datos persoais serán tratados exclusivamente para a xestión das persoas socias e a participación nas actividades da asociación. En calquera momento poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e oposición contactando coa asociación.

Documentación para descargar

Documentación complementaria segundo corresponda.

Modelo oficial de solicitude de alta.

Consentimento de protección de datos.

Como ser socio colaborador?


Se queres ser SOCIO COLABORADOR, podes facelo da seguiente maneira:

Individualmente:

  • Aportación ou beca a un neno ou nena.

A nivel de empresa:

  • Coa achega de material para campamentos ou merchandising para regalar aos nenos participantes.
  • Bolsas para nenas e nenos con menores posibilidades económicas ou risco social.
  • Doazón ou desconto en servizos ou produtos ofrecidos pola súa empresa.
  • Achegas económicas ou materiais.