Índice de contidos
Campamento de nadal 2025


Onde ten lugar o campamento este inverno?
O campamento de nadal terá lugar en Porto do Son, provincia da Coruña. Estaremos no albergue xuvenil A Tarela.
Cando é o campamento?
Do 26 ao 31 de Decembro
Cando podo inscribirme no campamento de nadal?
O prazo de inscrición do 10 de novembro ate o 15de decembro para socios/as de EAG.
O prazo de inscrición para Non socios do 15 de novembro ate o 15 de Decembro ou ate cubrir prazas.
Ou ata completar prazas.
Como son as instalacións do campamento?
O lugar designado para o campamento será un albergue coñecido como A Tarela. Este albergue conta con varias plantas, numerosos dormitorios, varias salas de interiores, un comedor, unha cociña, duchas individuais…
A situación do albergue é favorable, xa que está a só 150 metros da vila de Porto do Son.
Cal é o prezo do campamento?
O campamento ten un custo de 135€ para socios e de 145€ para non socios.
Que documentación teño que enviar ao email?
Unha foto do neno/a, tarxeta sanitaria do menor, DNI do pai ou titor que asina o formulario, ficha de inscrición e exención médica.
**Sempre hai que presentar documentación, aínda que asistiches previamente aos campamentos.**
Como enviar a documentación?
A documentación deberá enviarse ao correo electrónico que se indica a continuación co asunto: Campamento Nadal 2025 Porto do Son
Unha vez revisado que toda a documentación é correcta, enviaráselle a información co número de conta para realizar a transferencia.
Necesitas máis información?
Teléfono:
+34 644 95 32 54 / +34 644 95 32 56
Email:
andurinhasdovento@gmail.com
Rexistro campamento
Grazas polo teu interese no noso campamento! Para acceder ao formulario de rexistro é necesario realizar os seguintes pasos:
Nota Importante:
- Os socios terán acceso anticipado á reserva de praza, polo que recomendamos aproveitar esta vantaxe.
- Para obter máis información sobre como facerte socio, fai clic aquí.
Formulario de rexistro