Concurso de relatos
Un dos piares fundamentais polos que se rixe a asociación é a Protección e promoción do uso da lingua galega como marca de identidade, polo que decidimos crear o primeiro concurso de relatos no día das letras galegas e, deste modo, impulsar o uso da nosa lingua.
Con isto queremos que os nenos, nenas e adolescentes cos que adoitamos trabllar, así coma outras persoas relacionadas (ou non) coa asociación teñan presente a súa lingua materna e que poidamos fomentar o uso dela en todos os ámbitos da súa vida.
O concurso de relatos curtos ten unha temática libre, terá que ser escrito en lingua galega e terá un mínimo de 300 palabras e un máximo de 600.
As categorías nas que se poden participar son as seguintes:
– Piratas de 6 a 12 anos.
– Náufragos de 13 a 15 anos.
– Salvaxes de 16 a 18 anos.
Os relatos terán que ser entregados por correo electrónico a espazoabertogaliza@yahoo.es, será indicado o nome do relato, o nome e a idade da persoa participante. Ou poderase entregar en man nun sobre pechado no despacho nº6 do centro sociocultural de Vite, no sobre débese depositar o relato e nun papel aparte o nome e idade da persona participante.
A data límite de entrega é ata o 10 de maio, sendo o día da entrega de premios o 17 de maio na área de recreo de Chaián (Trazo) as 17 horas. Só haberá unha persoa gañadora por categoría.
Consellos a ter en conta a hora de escribir un relato curto:
1. Pensa nun tema que che guste ou motive e simplifícao.
2. Ter unha estrutura clara. Divide o relato en partes.
3. Decide o gancho da túa historia. Non cargues o relato con moitos personaxes.
4. Le e inspírate noutras autoras e autores.
5. Revisa e corixe as faltas.
Agardamos os vosos relatos con entusiamo!